top of page

As mulleres na historia de Galicia

Aínda que moitas das mulleres non estean tan recoñecidas como os homes na historia, elas tamén tiveron un papel moi importante. Nacidas en Galicia pero relevantes en todo o ámbito nacional e incluso internacional, cabe destacar ás seguintes:

  1. María Pita: cando a armada británica de Francis Drake arribou á Coruña en 1589, ela foi a que, axudada de outras mulleres como Inés Bonte, logrou botalos da cidade despois de tráxicos sucesos violentos.

  2. Concepción Arenal: importante escritora realista e vinculada ao movemento feminista de finais do século XIX.

  3. Rosalía de Castro: protagonista, xunto a Curros e Pondal, do Rexurdimento da literatura galega coa presentacion do seu libro Cantares Gallegos. É un referente da cultura galega.

  4. Emilia Pardo Bazán: pioneira escritora do realismo en España. Tamén activista co feminismo.

  5. Antía Cal: educadora galega que creou a Escola Rosalía de Castro en Vigo con innovacións como a educación biligüe (inglés-español) e o uso do galego.

  6. Luz Casal: cantante galega que actúa en solitario. O punto álxido da súa fama foi ao incluirse dous dos seus temas nunha película de Almodóvar.

bottom of page